dl | dm | dc | dj | dv | ds | dg |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
Os "castells" -palabra catalana que significa castelos- son unha manifestación cultural propia de Catalunya, que consiste en levantar construccions humanas. As orixes desta tradición remontanse a finais do século XVIII en Valls, cando as cuadrillas, chamadas "colles", comezaron a rivalizar na construcción de diferentes tipos de estructuras humanas, como as que hoxe coñecemos.
Nun castelo distínguense claramente tres partes: a "pinya", o "tronc" e o "pom de dalt".
A "pinya" é a base da construcción, sobre a que reposa todo o seu peso ten como obxectivos o amortecemento do golpe no caso de caída, pero sobretodo a estabilización e soporte da estructura que se eleva.
Esta estructura vertical, o "tronc" componse dun número concreto de persoas en cada piso, que varía en función do castelo (entre 1 e 9 persoas) dándolle nome.
No máis alto do castelo encontrase a "canalla" (palabra que significa "nenos"), formando o "pom de dalt", posto que son eles coa súa axilidade e lixeireza quenes se encaraman cara á cima. Nos castelos de maior envergadura pódense engadir unha o dúas bases de soporte máis sobre a "pinya". Éstas denomínanse "folre" e "manilles" na función da súa situación no segundo ou tercer nivel, respectivamente, por riba do chan. Cada individuo que participa da construcción recibe o nome de "casteller".
Os "castells" levantanse seguindo unha técnica precisa que varía en función da súa estructura. Por norma habitual, comézase montando a "pinya", cunha orde moi precisa, cada cal na súa posición e cunha función determinada. A continuación suben por turnos os diferentes pisos da construcción, situándose os máis fortes nos pisos inferiores e os máis áxiles e lixeiros nos pisos superiores. O último en subir é o "anxaneta", un neno ou nena que ó chegar ó máis alto levanta o brazo saludando ó público... Nese momento de máxima emoción, o "castell" considérase coroado, pero aínda cabe desmontar toda a estructura sen caer. En realidade, a tarea só se atopa a medias. Nalgúns "castells" máis singulares ou complexos, na execución pode variar ostensiblemente, ó tratarse de construccións compostas a nivel de "pinya", cos seus "folres" e os seus "manilles" ou a nivel de "tronc", e incluso levantándose en sentido inverso, ou sexa levantando a pulso a estructura.
A construcción de cada "castell" acompañase dunha melodía que indica a evolución da construcción: o "toc de castells". A "gralla" (semellante á dulzaina) e o timbal son os instrumentos que tradicionalmente acompañan ós "castells" e constitúen un elemento inseparable da súa festa e as súas emocións. O inicio e o final de cada actuación tamén ten unhas melodías propias ("toc d'entrada a la plaça" e "toc de vermut"), que invitan ó público a asistir ó acontecemento e a comer o seu término.
Esto é así porque tradicionalmente, as actuacións de castells leváronse a cabo ó mediodía do domingo, na plaza do Concello de cada cidade, coma un dos principais actos da Festa Maior. Nese día sinalado tres "colles" ou cuadrillas, solen reunirse e levantar tres "castells" cada una y un último "pilar" (castell de estructura de 1) de despedida. Hoxe son moitos os días nos que se poden contemplar "castells" ó longo do ano, a pesar de que a temporada comeza con forza en xuño e declina a partir de mediados de novembro. As fechas máis sinaladas do calendario son as seguintes:
-15 de agosto: Mare de Déu d'agost, na Bisbal del Penedès
- 30 de agosto: Sant Fèlix, en Vilafranca del Penedès
- 24 de setembro: Mare de Déu de la Mercè, en Barcelona (a actuación celébrase o domingo máis próximo)
- primeiro domingo de outubro de anos pares: Concurso de "Castells", en Tarragona
- 22 de outubro: Santa Úrsula, en Valls (a actuación celébrase el domingo siguiente)
- 1 de noviembre: Tots Sants, en Vilafranca del Penedès
- terceiro domingo de novembro: Diada dels Minyons de Terrassa, en Terrassa
¡Ven a Catalunya a velos en directo... paga a pena!
Os Castellers de Barcelona
Os Castellers de Barcelona nacen en 1969 da man de persoas procedentes de zonas onde se desenrolara o fenómeno dos "castells", a maioría de Vilafranca del Penedès (a 50 Km. de Barcelona).
A cidade de Barcelona xa tivera outras experiencias de agrupacións de "castells" ó longo do século XIX, pero non tiveron éxito debido á dificultade de asentar esta tradición nunha gran cidade, apartada da área tradicional (comarcas do Campo de Tarragona y del Penedès).
Nembargantes, coa creación dos Castellers de Barcelona institúese na capital catalana unha agrupación consolidada e arraigada na sociedade. Desde o momento da súa fundación ata hoxe, a "colla castellera" da cidade sigue practicando o seu folclore en festas, inauguracións, congresos e actos diversos.
Aquel 8 de xuño de 1969, fecha na que se presenta a "colla", fixose unha breve actuación (un Pilar de 4 -castelos dunha persoa en cada piso e catro pisos de altura-) na inauguración do Monumento ós "Castells" que existe na poboación de El Vendrell (a 60 km. de Barcelona). Naquela actuación estaban presentes grandes "colles castelleres", que desde a súa fundación/reorganización seguen agora en activo, coma os "Nens del Vendrell" (1926), a "Colla Vella dels Xiquets de Valls" (1946) ou os "Castellers de Vilafranca" (1948). Atendendo ás fechas de creación, os Castellers de Barcelona son hoxe a cuarta "colla castellera" máis antiga.
Se ben os inicios non foron fáciles, có esforzo por integrar o "fet casteller" (expresión que poderíamos traducir como "o feito dos castelos") na cidade, pouco a pouco a "colla" de Barcelona iría progresando facendo máis e mellores construccións. Así, a principios dos anos 70 conséguense con regularidade os castelos de 7 pisos, a principios dos 80 os castelos de 8 pisos e xa a finais dos 90 as difíciles estructuras de 9 pisos, que sitúan ós Castellers de Barcelona entre as "colles" de maior nivel (calificación de nivel de 9 pisos establecida pola "Coordinadora de Colles Castelleres de Catalunya", a institución que acolle ás cerca de 60 agrupacións existentes na actualidade).
Trátase dun camiño de progresión non exento de dificultades, como cando se tívo que buscar un local fixo de entreno (desde 1984 na c/Rossend Nobas, 33, de Barcelona) ou cando se tívo que superar a marcha de diferentes "castellers" orixinarios de Santa Coloma de Gramenet, ó norte de Barcelona, que fundaron a "colla" da súa poboación (cara o año 1985). Por iso a partir de entón, os Castellers de Barcelona puxéronse mans á obra para recupera-la consolidación técnica (nivel dos "castells") e institucional (relacións coas entidades).
Técnicamente pódese dicir que xa nos anos 80-90 os Castellers de Barcelona móvense entre os "castells" de 8 pisos, pero é en 1995 cando hai un salto cualitativo, xa que a "colla" plantéxase unha estructura con "folre" (forro o conxunto de "castellers" enriba da "pinya" que reforzan o segundo piso): trátase do "2 de 8 amb folre", un castelo de 8 pero con certa inestabilidade, que intenta salvarse coa axuda do "folre". Nese ano conséguese completar esta construcción na Festa Maior da cidade (a "Mercè", o 24 de setembro), na Plaza de Sant Jaume.
Así ábrese a porta a castelos superiores: non se tarda en fixarse a idea do primeiro castelo de 9 pisos, un novo avance técnico ó que só chegaron unha decena de "colles". Esta estructura chegaría o 22 de novembro de 1998 en Terrassa (na tradicional "Diada" da "colla" dos "Minyons de Terrassa"), cando se consegue cargar o "4 de 9 amb folre" ante a admiración dos propios "castellers" e o numeroso público concentrado na Plaza Vella.
A partir de entón os castellers de Barcelona realizaron numerosas construccións de nove pisos e se contan entre as poucas agrupacións capaces de executar estos castells de tan gran dificultade. Entre as construccións máis celebradas hai que contar:
O “quatre de nou amb folre” descargado por primeira vez nas festas da Mercè de 1999 en Barcelona. Desta maneira, e en menos dun ano despois de lograr cargar esta construcción os castellers de Barcelona a lograron completar nunha das actuacións máis emotivas que se recordan.
O "tres de nou amb folre" cargado ó ano seguinte (en novembro de 2000) por primeira vez durante a festa (Diada) dos Minyons de Terrassa.
O "tres de nou amb folre" descargado por primeira vez nas festas da Mercè del 2001, un castell que a Colla repetiría en varias ocasións, xa fose aquel mesmo ano e nos anos seguintes.
O cinc de vuit descargado durante as festas da Mercè del 2003. Este castell, coñecido coma “catedral” polas súas dimensións, malia ser de oito pisos considérase de gran dificultade,a súa consecución foi moi celebrada pola Colla.
Contacta connosco
Desde 1969, ano da nosa fundación, os "Castellers de Barcelona" realizamos numerosas actuacións en pobos e cidades de Europa.
Podes contactar connosco a través do correo electrónico "colla@castellersdebarcelona.cat", ou dos teléfonos 93.232.55.56 (local), 93.498.27.28 (oficina -telf./fax. contestador-) e o móvil 609.32.77.56.Tamén podes pasar a ver cómo entrenamos no noso local, cerca da parada de metro de Clot (líneas 1 -vermella- y 2 -lila-), habitualmente os martes (19'30h.), xoves (20'00h.) e venres (21'00h.) entre febreiro y novembre (en agosto solemos descansar).
Calendario (català).
Castellers de Barcelona
Carrer Bilbao, 212-214
08018 BARCELONA.